AGRADECEMENTOS

Esta guía didáctica foi realizada por Martín Vázquez e Rubén Moralejo da Universidade de Vigo, coa colaboración na gravación e montaxe audiovisuais do equipo de Acuarela Comunicación, Montse Nogueira e Nel Pinheiro, baixo a dirección de Xan Leira. O traballo contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.

O resultado final non sería posible sen as moitas persoas que dedicaron parte do seu tempo para facer a nosa estancia en Moaña máis agradable e enriquecedora. Concretamente, agradecemos a participación das seguintes persoas (por orde alfabética): familia Argibay Infante, Carme Penim, Julieta Insagaray, Luis Chapela, Mª Carmen Juncal, María Salgueiro, Pablo Ríos, Rodrigo Maya, Xesús Rodríguez e Xil Ríos.

Así mesmo, ás persoas que, a pesar de non saíren diante da cámara, estiveron nas conversas e no seguimento do noso traballo: Soledad Ríos, traballadora do concello e entusiasta da lingua, e Paula Soto, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña.

A todas elas, grazas!