Actividade 7. A variación lingüística

ACTIVIDADE 7

Introdución A variación lingüística é un fenómeno ineludible que ás veces pasa desapercibido debido á omnipresenza da lingua estándar e da variedade escrita como forma prestixiada fronte á oralidade. Con todo, no día a día convivimos con múltiples formas de fala diferentes que teñen un significado social e que son valoradas de xeito distinto por todos e todas nós. A pesar da lexitimidade de todas as formas de fala, cómpre ter en conta as valoracións que consciente ou inconscientemente nos suscitan certas formas, co fin de non reproducir as discriminacións que implican estas valoracións.
Tarefa Analizar as formas de fala e as valoracións que o alumnado e a sociedade teñen sobre elas.
Obxectivos Reflexionar sobre as diferentes formas do galego e do castelán en Galicia e Moaña atendendo as variacións da lingua e os eixes sociais para comprender as diferentes valoracións que se teñen sobre elas.
Duración Dúas sesións na aula.
Pasos
Sesión 1:

  1. Reflexionar sobre as diferentes formas de falar en Galicia segundo as variedades sociais e contextuais. Atopar exemplos próximos destas variacións.
  2. Identificar as formas de variación en contextos próximos relacionadas cos condicionamentos sociais e contextuais.

Sesión 2:

  1. Analizar colectivamente os trazos lingüísticos (formas léxicas, sintácticas, fonéticas etc.) das diferentes persoas que protagonizan os vídeos (mariñeiro, estudante, profesora etc.) e asocialos aos diferentes tipos de galego e castelán que escoitan en Moaña.
  2. Reflexionar, finalmente, sobre o valor social das diferentes formas de falar e sobre a lexitimidade social de todas elas.
Modelo de traballo En grupo.
Material Vídeos elixidos polo equipo docente dos diversos temas.
Fontes de información Internet.
Temas relacionados A variación lingüística; O galego en Moaña.