Actividade 3. A paisaxe lingüística

ACTIVIDADE 3

Introdución A normalización dunha lingua implica non só a liberdade do individuo para poder usala, senón tamén a liberdade de vivir nun contexto onde a presenza desa lingua sexa cotiá. O espazo público é un dos contextos aos que se dedicaron algúns dos esforzos máis notables e eficaces para facela visible, despois de anos de prohibición. A miúdo, o espazo público trátase dun contexto ao que se presta pouca atención, porén, nel reflíctense as diferentes valoracións sobre as linguas nunha sociedade concreta. Mediante a reflexión sobre a paisaxe lingüística, podémonos achegar ás ideoloxías que configuran o espazo público.
Tarefa Percorrer as rúas de Moaña e identificar lugares onde o galego estea presente. Identificar tamén outras linguas que poidan estar presentes na contorna. Identificar espazos plurilingües. Tomar fotografías de todo o relevante na paisaxe lingüística. Opcionalmente, posibilidade de explorar Moaña no contexto dixital.
Obxectivos Ser conscientes da paisaxe lingüística de Moaña e da posición que ocupan as diferentes linguas nesta.

Relacionar a súa presenza e disposición con factores como o prestixio, a internacionalización e a normalización.

Duración Dúas sesións na aula e unha de traballo de campo.
Pasos
Sesión 1:

  1. Identificar diferentes tipos de espazos e as linguas que previamente temos asociadas.
  2. Facer unha chuvia de ideas sobre as linguas que se atopan nos espazos públicos de Moaña, segundo as expectativas previas do alumnado.
  3. Explicar o traballo de campo: formar grupos de traballo segundo as expectativas de traballo (linguas e/ou eidos a observar).
  4. Facer unha análise sobre as linguas da imaxe de exemplo.

Traballo de campo:

  1. Acudir en grupo aos lugares pertinentes e tomar fotografías dos achados relevantes: grupos de fotos en castelán, en galego e en inglés. Atender tamén a presencia de varias linguas nun mesmo contexto, coma no exemplo:

Sesión 2:

  1. Expoñer colectivamente os resultados do grupo atendendo as diferentes linguas atopadas e aos eidos explorados.
  2. Reflexionar conxuntamente sobre a valoración das linguas respecto da súa posición na paisaxe lingüística. Incidir no labor da normalización lingüística na galeguización dos espazos e na penetración do inglés no espazo público nesta reflexión.
Modelo de traballo Traballo de campo individual (ou en grupo) e reflexión colectiva.
Material Cámara de fotos/vídeo.
Fontes de información Internet.
Temas relacionados A normalización lingüística; O inglés na sociedade galega; As linguas en Moaña.