Actividade 10. A produción cultural

ACTIVIDADE 10

Introdución Un dos eidos onde a distancia entre o o galego e outas linguas, inglés ou castelán, por exemplo, é máis evidente é no da produción cultural. Malia que a chegada das tecnoloxías dixitais supuxo unha ampliación do acceso e do consumo de produtos culturais de toda índole, o certo é que o galego aínda está lonxe de ser unha lingua de preferencia para achegarse á cultura, tanto dentro como fóra da rede, e, especialmente, por parte dos máis novos.
Tarefa Procurar exemplos de todo tipo de produtos culturais nos que o galego sexa a lingua vehicular e familiarizarse con eles.
Obxectivos Espertar a conciencia do alumnado con respecto a produción cultural en galego presente nos distintos medios culturais e poñer en relación coa produción noutras linguas. Achegar e dar a coñecer os diferentes medios culturais producidos en galego ao alumnado.
Duración Dúas sesións na aula e unha de traballo de campo.
Pasos
Sesión 1:

  1. Dividir o alumnado en grupos de traballo.
  2. Asignar a cada grupo un eido de traballo: medios informativos na rede, redes sociais, plataformas dixitais dedicadas á creación de contidos culturais (Youtube, Twitch etc.), enciclopedias, videoxogos, prensa escrita, librarías, televisión, radio…

Traballo de campo:

  1. Elaborar unha relación da presenza de produtos en galego no eido asignado e comparalo coa presenza doutras linguas.

Sesión 2:

  1. Presentar as conclusións acadadas na aula e dar conta de exemplos de produtos culturais en galego atopados en cada ámbito.
Modelo de traballo En grupo.
Material Ordenador, dependendo dos eidos estudados.
Fontes de información Internet, librarías, xornais etc.
Temas relacionados A desgaleguización; A normalización lingüística.